HISTORIA

O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.

domingo, 25 de marzo de 2012

MADERAS ROMERO 4 - BOIROMOLA 3

Onte desputamos o primeiro partido da Copa ante Boiromola, aos que gañamos por un axustado 4 a 3. Sen embargo, Boiromola foi todo o partido por diante, ata alcanzar unha ventaxa de 0 - 3. Quedando 8 minutos e con porteiro xogador, comezou a remontada.

BAR TOFFE CAMPIÓN DE LIGA

Bar Toffe proclamouse campión de liga 2011 - 2012 tras vencer no último partido contra Cervexería Equs. Noraboa.