Partidazo disputado no día de onte. Maderas Romero e Casa Jurjo ofreceron un partido de grande intensidade e tremendamente igualado, demostrando ambos que tratarán de quedar o máis arriba posible na táboa. Casa Jurjo adiantouse no marcador con gol de Edu Mallo e chegaríase ao descanso con ese resultado: 1 a 0. Xa na segunda parte, Chipi empatou dun tremendo trallazo e logo Javier remataría a faena con unha vaselina por encima do meta Pepito.
Nos últimos dous minutos, o árbitro equivócase e expulsou a Sanchís por doble amarilla o que conlevou que xogáramos con 4 xogadores na pista. Inda así conseguimos aguatar ata o final.
Polo tanto, 2 a 1 nun partidazo para rematar o ano.Á volta de nadal espéranos o Axexo.
Dende o equipo queremos desexarvos a todos unhas boas festas e un feliz ano 2014.