A segunda volta non pudo comezar de mellor xeito que cunha victoria clara ante Bar Toffe por 5 a 1. O e quipo de San Cosme adiantouse nor marcador con gol do Bolo e, apenas un minuto despois empatamos o partido. Deste xeito chegouse ao descanso co marcador igualado. Xa na segunda parte, o partido decantouse para o noso lado con catro novos goles. Esta victoria permítenos manter os tres puntos de vantaxa sobre o segundo clasificado: Casa Jurjo.
A vindeira semana teremos outro partido difícil: Tarás.
HISTORIA
O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.
domingo, 26 de enero de 2014
domingo, 19 de enero de 2014
MADERAS ROMERO 1 - A POUSADA 1
Segundo empate consecutivo no día de onte ante A Pousada. O partido foi moi igualado dende o primeiro minuto e incluso tivemos que sobrepoñernos a unha expulsión de Javier a poucos minutos do final. Para a semana comezamos a segunda volta da liga contra Bar Toffe.
lunes, 13 de enero de 2014
MADERAS ROMERO 3 - AXEXO 3
Este sábado conseguimos un importante empate a tres goles contra o Axexo. A pesar de comezar por diante no marcador, o equipo de Porto do Son doulle a volta ata poñerse 3 a 1 a 10 minutos do final. Sen embargo, a reacción do equipo foi boa e empatamos ao pouco. Nos últimos minutos tivemos claras ocasións para gañar o encontro pero o marcador xa non se movería.
Para a semana temos outro encontro difícil: A Pousada.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)