HISTORIA

O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.

domingo, 23 de febrero de 2014

MADERAS ROMERO 3 - CASA JURJO 5

Partido moi igualado onte no pavillón da Serra entre o Maderas Romero e Casa Jurjo, de non ser polas decisións arbitrais que marcaron claramente o desencadeamento do partido. Adiantouse o Maderas Romero no marcador e chegaría axiña o empate de Casa Jurjo. A falta de poucos minutos para o remate do primeiro tempo, o árbitro señalaría a sexta falta do noso equipo sen previamente avisar da quinta. E xa sobre o tempo (o marcador electrónico non funcionaba), sinalaría un novo doble penalti que decantaría o marcador para Casa Jurjo: 3 a 1. Na segunda parte, a pesar do dominio, cada equipo marcou dous goles deixando o marcador final en 5 a 3.
Con este resultado Casa Jurjo pornse por diante na táboa con tres puntos de diferencia.

viernes, 21 de febrero de 2014

MADERAS ROMERO 3 -VALADARES 3

Empate contra Valadares nun partido no que poidemos sentanciar co 2 a cero no marcador. Finalmente, reparto de puntos que nos permite seguir na primeira praza empatados con Casa Jurjo.

domingo, 2 de febrero de 2014

MADERAS ROMERO 1 - TARÁS 6

Primeira derrota da temporada ante un Tarás que foi superior durante todo o partido. Ao descanso chegouse con un 0 - 3 e logo do descanso recortamos distancia con porteiro xogador. Tarás ampliaría a difencia no marcador con porteiro xogador. Para a semana toca volver a senda da victoria.