No día de onte acadamos o título da primeira división da Liga de Fútbol Sala do concello de Outes. A non presentación do equipo de Casa Jurjo, permiteunos un resultado favorable de 3 a 0, suficiente para asegurar o campionato. De este xeito, disputaremos por cuarta vez o Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala.
De todos os xeitos, quedan dúas xornadas pendentes para o remate da liga. San Ourente e a Pousada son os dous equipos aos que nos temos que enfrontar.