HISTORIA

O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.

domingo, 5 de abril de 2015

CUARTO TÍTULO DE LIGA

No día de onte acadamos o título da primeira división da Liga de Fútbol Sala do concello de Outes.  A non presentación do equipo de Casa Jurjo, permiteunos un resultado favorable de 3 a 0, suficiente para asegurar o campionato. De este xeito, disputaremos por cuarta vez o Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala.
De todos os xeitos, quedan dúas xornadas pendentes para o remate da liga. San Ourente e a Pousada son os dous equipos aos que nos temos que enfrontar.

No hay comentarios: