HISTORIA

O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.

domingo, 21 de marzo de 2010

ASEGURADO O PASE Á LIGA POLO TÍTULO

A victoria conseguida esta fin de semana ante A Pousada (3 a 2) permitirá ao Maderas Romero desputar a Liga polo Título, que enfrontará aos 5 primeiros clasificados da primeira volta. A pesar de estar durante 2 minutos con un xogador menos, o equipo foi quen de manter o resultado, sendo Chepi e Sarry os goleadores. Nos outros partidos, Tarás empatou con Barracuda, Curropesca e Fajardo superaron a Decoracións Lires e a San Orente respectivamente e Bar Toffe venceu a Atalaia.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Boa foto, no momento do golazo de tacon de Sarry