Este sábado conseguimos a primeira victoria da temporada ante Curropesca (4 a 1). A primeira parte finalizou co marcador igualado a un tanto e sería na segunda cando a balanza se decantou ao noso favor. Víctor, Picudín e Edu marcaron os goles. A próxima semana enfrontarémonos contra Bar Toffe ás 20:00 horas.
HISTORIA
O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.
domingo, 28 de noviembre de 2010
viernes, 26 de noviembre de 2010
Maderas Romero 1 - Casa Jurjo 4
O pasado fin de semana Casa Jurjo superou por un amplo 4 a 1 ao Maderas Romero. Edu de penalti marcou o noso tanto. O partido chegou ao descanso por un axustado 2 a 1 e nos primeiros minutos da segunda parte apretouse moito á portería de Casa Jurjo. Sen embargo, dous goles nos últimos minutos sentenciaron o partido. O próximo partido será contra Curropesca o sábado ás 18:30 horas.
domingo, 14 de noviembre de 2010
EMPATE CONTRA BARRACUDA
4 a 4 finalizou o primeiro partido da tempada disputado na noite do sábado contra o Pub Barracuda. Edu, Javier e Sarry (2 goles) marcaron para o Maderas Romero. O partido púxose de cara na segunda parte, na que alcanzamos unha renda de dous goles. Sen embargo, a tan só dous minutos para o final Barracuda empatou o partido.
A vindeira xornada enfrontarémonos a Casa Jurjo ás 20:45 horas.
miércoles, 10 de noviembre de 2010
ARRANCA A TEMPADA 2010 - 2011
Este venres día 12 bota a andar unha nova tempada da liga de Fútbol Sala de Outes. Como principais novidades están a existencia de dúas segundas divisións e unha terceira. En total, 33 equipos distribuídos da seguinte forma:
A 2ª división B: R. Peto, D. Lires, Lantarou, A Tasquiña, C. Faya, San Ourente, M. Rey Freire e Oyc José García.
A 3ª división: O Freixo FS, D Penalty Outes, AB-PN fs, Sargo - Casais, Osiris, Ely - Electrilar e La Roja.
(Premendo encima dos equipos observarase o calendario)
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)