HISTORIA

O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.

viernes, 26 de noviembre de 2010

Maderas Romero 1 - Casa Jurjo 4

O pasado fin de semana Casa Jurjo superou por un amplo 4 a 1 ao Maderas Romero. Edu de penalti marcou o noso tanto. O partido chegou ao descanso por un axustado 2 a 1 e nos primeiros minutos da segunda parte apretouse moito á portería de Casa Jurjo. Sen embargo, dous goles nos últimos minutos sentenciaron o partido. O próximo partido será contra Curropesca o sábado ás 18:30 horas.

No hay comentarios: