Este sábado conseguimos a segunda victoria consecutiva da tempada ante o Atalaia por un claro 7 a 3. O partido presentábase complicado xa que Atalaia viña de gañar a Cerrajería Fernández e máis se puxo cando aos poucos segundos de partido se adiantaron no marcador. Sen embargo, pronto levantamos cabeza e nos adiantamos no marcador, chegando ao descanso con un claro 4 a 1. Na segunda metade Atalaia acortou distancia pero pronto ampliamos o marcador ao 7-2. A poucos segundos do final Atalaia anotou o seu terceiro gol.
Sarry con 4 goles, Javier, Diego e Chicho foron os goleadores do partido.
Para o próximo sábado espéranos un partido moi complicado contra un rival directo: Bar Toffe. Premendo no seguinte enlace podedes consultar todos os resultados da xornada, clasificación e os goleadores da liga. Liga de Fútbol Sala de Outes
No hay comentarios:
Publicar un comentario