HISTORIA

O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.

domingo, 6 de junio de 2010

ADIANTE NA COPA

A victoria conseguida esta fin de semana contra Barracuda (4 a 3) permítenos seguir adiante na copa de fútbol sala. O partido presentóusenos moi complicado polas numerosas baixas e por ter en fronte a un Barracuda co equipo ao completo. Polo Maderas Romero xogaron: Luis na portería, Javier, Sarry, Víctor, Romero e Nando. De todos os xeitos, sempre estivemos por diante no marcador e Javier (2 goles), Víctor e Sarry foron os goleadores.
A próxima semana dispútanse os cuartos de final e xogaremos o sábado ás 18:30 horas contra O Verxel (que gañou ao Atlético As Pedras 3 - 0).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moito ánimo e a seguir así!!!