HISTORIA

O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.

domingo, 30 de mayo de 2010

VÍCTOR, O MÁXIMO GOLEADOR DO TORNEO

A pesar da derrota que nos apartou de xogar a final contra Toques, quedounos o bo sabor de boca ao ter no noso equipo ó máximo goleador do intermunicipal: Víctor. Nos 3 partidos disputados meteu un total de 6 goles, un máis que Zandi de Lousame (4 partidos xogados).

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ese chaval e un fenomeno!!! pero tendes a un no equipo que é un bullas non?? teño entendido que anda por ai pintando a mona...

Unknown dijo...

Enhoraboa a todo o equipo por ese 3º posto (xa me comentou o presi que xogástedes coma campeóns, e eso é o que conta). E ós lesionados.... espero que vos recuperedes pronto.

PacoRomero dijo...

un bullas? eu creo que hai mais de un, imaxinate que conseguiron desquiciar a un de teo, que o pobriño e un pedazo de pan, xoga de maravilla, non utiliza o corpo nin as mans pa nada, nunca lesionou a nadie.... en fin, sen comentarios
Po ano habra que redimirse