HISTORIA

O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.

miércoles, 7 de julio de 2010

DEBUT CON EMPATE

O luns comezamos a nosa participación no torneo de fútbol 7 e fixémolo con un empate (1 a 1) contra o difícil Pontenafonso. O partido foi moi igualado e foron numerosas as ocasións das que dispuxeron os dous equipos. Tamén é de sinalar que os dous goles viñeron logo de sendas faltas a balón parado. Polo tanto, ao final xusto empate.
O próximo partido do Maderas Romero será o xoves a partir das 21:15 horas contra San Ourente.

No hay comentarios: