HISTORIA

O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.

viernes, 23 de julio de 2010

SEMIFINAIS DO FÚTBOL 7

Este sábado 24 de xullo xogaremos as semifinais do torneo de fútbol 7 contra o equipo Los Cristianos. A outra semifinal disputarana A Pousada e o mesón Agarimo. No partido de cuartos de final, superamos a Talleres Villade por 2 a 1, con goles de Sarry. Os horarios son os seguintes: semifinais ás 20:00 horas e a final ás 21:15 horas.

No hay comentarios: