Tras desputarse a última xornada da liguilla, D Penalty e Barracuda confirmaron a súa permanencia na 1ª división. Os que non poden presumir do mesmo son A Pousada, San Ourente, Atalaia e Decoracións Lires que xogarán a vindeira temporada na 2ª división. Tamén celebraron o ascenso Casa Jurjo, Talleres Villade, D. Barral e O Verxel. Premendo aquí podedes consultar os resultados da última xornada así como todas as clasificacións. Por outra banda, o vindeiro sábado 22 de maio ás 20:00 horas terá lugar no pavillón do Cruceiro de Roo a reunión para tratar o sistema de competición, sorteo e calendario da Copa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario