HISTORIA

O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.

viernes, 21 de mayo de 2010

XIII TORNEO INTERMUNICIPAL

Xa están dispoñibles os grupos e horarios do XIII Torneo Intermunicipal de fútbol sala que este ano se disputará en Toques (ao lado de Melide) o sábado 29 e o domingo 30 de maio. O noso equipo (representando ao Concello de Outes) está encadrado no Grupo 3 xunto con Teo (o vixente campión do torneo) e Tordoia. O resto dos grupos son os seguintes: Grupo 1 (Lousame, Touro, Frades e Vedra) e Grupo 2 (Santa Comba, Toques e Arzúa). Clasifícanse para as semifinais do domingo os gañadores de cada grupo e o segundo mellor clasificado.
Sábado 29 ás 16:00 horas: Outes - Teo
Sábado 29 ás 19:00 horas: Outes - Tordoia
Todas as novidades que xurdan sobre o torneo colgarémolas no blog.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

habra autobus para levar a aficcion?
habia q falar co peto, que o concello fletara un bus, ainda que fora de ferrin

Jose dijo...

Moi boa proposta.