HISTORIA

O Maderas Romero FS fúndase no ano 2004. Na súa primeira tempada finaliza 3º na liga de 2ª división, ano no que consigue o ascenso a 1ª división. Dende entón son 5 os títulos conseguidos: 3 campionatos consecutivos de 1ª división e 2 copas da liga. Tamén destacan o 4º posto alcanzado no Torneo Intermunicipal na tempada 2008-2009 e o 3º na 2009-2010.

domingo, 30 de mayo de 2010

DE NOVO ÁS PORTAS DO INTERMUNICIPAL

Non puido ser. Por segundo ano consecutivo quedamos ás portas da final do torneo intermunicipal.
Logo de pasar como primeiros de grupo o sábado ao vencer a Teo (3 a 2) e a Tordoia (8 a 5) tocaba xogar a semifinal o domingo contra un duro equipo: O Vedra (constituído polo Boqueixón de Categoría Autonómica de fútbol sala), que viña de vencer ao Lousame (Disco Caracol). O partido non puido comezar mellor, xa que nos adiantamos no marcador con un gol de Víctor e na segunda parte conseguimos ampliar a renta ata o 3 - 1. Pero a falta de tres minutos para o final, dous fallos defensivos permitíronlle a Vedra empatar o partido e forzar a prórroga. Nos 5 minutos finais, Vedra meteu o gol que nos deixou apartados da final.

No hay comentarios: